PORTADAS GAL
  • 00Días
  • 00Horas
  • 00Min.
  • 00Seg.
  • 00Días
  • 00Horas
  • 00Min.
  • 00Seg.

PARTICIPANTES

PARTI
CIPAN
 TES

DARON ACEMOĞLU

DARON ACEMOĞLU

Daron Acemoğlu, profesor de Economía no MIT e Nobel de Economía, é unha das voces máis influentes no estudo de institucións, desenvolvemento e desigualdade a nivel global.

DMITRY MURATOV

DMITRY MURATOV

Dmitry Muratov, cofundador de Novaya Gazeta, simboliza a resistencia do xornalismo libre en Rusia. O seu compromiso coa verdade valeulle o Premio Nobel da Paz en 2021.

ABEL CABALLERO

ABEL CABALLERO

Doutor en Ciencias Económicas, foi ministro do Goberno de Felipe González entre 1985 e 1988. Alcalde de Vigo dende 2007, é o rexedor máis votado dunha gran cidade na historia da democracia.

ALICIA GARCÍA-HERRERO

ALICIA GARCÍA-HERRERO

Alicia García-Herrero, economista xefe para Asia-Pacífico en Natixis e senior fellow en Bruegel, é referente en economía chinesa e internacional, cuxas ideas orientan a gobernos e organismos globais.

BRIAN WONG

BRIAN WONG

Brian Wong, Profesor Asistente HKU-100 e Membro do Centre on Contemporary China and the World, tamén Membro Honorario Non Residente en Asia Society, especializado en política exterior chinesa e xeopolítica do sudeste asiático.

MARÍA LORCA-SUSINO

MARÍA LORCA-SUSINO

María Lorca-Susino, profesora na Universidade de Miami, é experta en integración económica europea e globalización financeira, combinando investigación rigorosa con vocación divulgativa.

DAVID REGADES

DAVID REGADES

Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, institución que traballa desde 1947 para potenciar o desenvolvemento económico do noroeste de España e principal investidor do sur de Galicia. Desempeñou diferentes postos de dirección no sector público, entre eles o de Deputado nas Cortes por Pontevedra no ano 2024.

XOSÉ H. VÁZQUEZ

XOSÉ H. VÁZQUEZ

Xosé H. Vázquez, profesor de Organización de Empresas na Universidade de Vigo e actual presidente de ACEDE (Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa), traballa na intersección entre estratexia e innovación. A súa investigación explora como as organizacións abordan os grandes desafíos, como o cambio climático, influíndo tanto nos debates académicos como na práctica directiva.

AMPARO ALONSO

AMPARO ALONSO

Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña. Membro da Real Academia de Ciencias de España.

CAROLINA MARÍN

CAROLINA MARÍN


Carolina Marín, Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2024, campiona olímpica de bádminton, tres veces campiona do mundo e oito veces campiona de Europa.

JOSÉ MANUEL DURÃO BARROSO

JOSÉ MANUEL DURÃO BARROSO

José Manuel Durão Barroso desempeñou o cargo de presidente da Comisión Europea nunha década decisiva para a integración europea. Ex primeiro ministro de Portugal, a súa traxectoria estivo marcada pola diplomacia e a negociación internacional.

ANTÓN COSTAS

ANTÓN COSTAS

Antón Costas, catedrático de Política Económica na Universidade de Barcelona, presidiu o Círculo de Economía e hoxe lidera o Consello Económico e Social de España, centrando a súa obra nas políticas públicas e nas reformas económicas.

ÁNGEL TALAVERA

ÁNGEL TALAVERA

Ángel Talavera, economista xefe para Europa en Oxford Economics, é unha referencia en macroeconomía europea e voz sobresaínte en medios e foros internacionais.

INÉS BERMEJO

INÉS BERMEJO

Directora xeral de HP Iberia desde 2022, lidera a transformación e sostibilidade da compañía. Con 25 anos en HP, ocupou postos directivos en vendas, operacións e negocio internacional.

JAVIER SESMA

JAVIER SESMA

Vicepresidente Senior de Desenvolvemento de Negocio Global en TK Elevator. Membro do consello asesor do CTBUH para Europa. Vicepresidente de APD Asturias. Dirixiu o Centro Mundial de I+D+i e foi asesor en asociacións industriais e na administración pública.

EMMA GÓMEZ

EMMA GÓMEZ

Directora Xeral de APD, con máis de 25 anos en hotelaría, retail e xestión de activos, impulsando eficiencia, liderado e transformación empresarial.

MAMEN MENDIZÁBAL

MAMEN MENDIZÁBAL

Xornalista licenciada. Comezou o seu percorrido profesional en TVE e na Cadena SER, da man de Iñaki Gabilondo. Posteriormente consolidouse en laSexta á fronte de “Más Vale Tarde” como presentadora e directora. Actualmente dirixe e presenta “Anatomía de…”

J. CARLOS ESCOTET

J. CARLOS ESCOTET

Fillo de emigrantes españois en Venezuela, o economista e banqueiro Juan Carlos Escotet é presidente de Banesco Internacional e de ABANCA, entidades que agrupan a máis de sete millóns de clientes.

BAIUCA

BAIUCA

Baiuca, proxecto de Alejandro Guillán, fusiona folclore galego—alalás, pandeiretas, gaita—coa electrónica vangardista en clave de folktrónica. Destacan os seus discos Solpor (2018), Embruxo (2021) e Barullo (2024).

MIGUEL ÁNGEL OLIVER

MIGUEL ÁNGEL OLIVER

Madrid, 1963. Licenciado en Xornalismo, presidente de EFE desde 2023, con carreira en SER e Mediaset, premios Ondas e Iris, exsecretario de Comunicación e profesor universitario de xornalismo.

ENTRA
DAS

VIGO GLOBAL SUMMIT 2025

ABONO COMPLETO PARA TODO O EVENTO


(85€)

MERCAR

VIGO GLOBAL SUMMIT 2025

CONGRESO XORNADA DÍA 12 (TARDE)


(50€)

MERCAR

VIGO GLOBAL SUMMIT 2025

CONGRESO XORNADA DÍA 13 (MAÑÁ)


(50€)

MERCAR

VIGO GLOBAL SUMMIT 2025

ABONO XORNADAS DÍAS 12 E 13 (SIN CLAUSURA)


(75€)

MERCAR

VIGO GLOBAL SUMMIT 2025

CLAUSURA
CARLOS BLANCO
BAIUCA
VIGO TASTE HALL

(12€)

MERCAR

aSÍ FOI A
EDICIÓN DO
2023

En 2023, Vigo consolidouse como capital internacional do debate económico coa primeira edición do Vigo Global Summit, reunindo a premios Nobel, líderes empresariais e figuras políticas para reflexionar sobre sustentabilidade, dixitalización e os grandes retos globais.

En 2025, o congreso regresa con máis ambición e proxección internacional. Durante dúas xornadas, analizaranse os eixes clave que marcarán o noso futuro inmediato: “Xeopolítica e Xeoeconomía: O novo taboleiro global” e “Liderado na era da dixitalización: economía, traballo e sociedade en transformación.”

Para iso, contaremos coa visión de referentes de talla mundial como o economista e recente Premio Nobel de Economía 2024, Daron Acemoglu; a analista internacional Alicia García-Herrero; o analista político Brian Wong; ou a economista María Lorca-Susino, xunto con outros relatores de primeiro nivel nacional e internacional que iremos anunciando nas vindeiras semanas.

Moi pronto compartiremos o programa completo do Vigo Global Summit 2025, que converterá de novo a cidade en epicentro da reflexión e do diálogo económico global.

PROGRA
MA

  • 12 de novembro tarde
  • 13 de novembro mañá
  • 13 de novembro tarde

David Regades - Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo

Intervención institucional

Juan Carlos Escotet - Presidente de Abanca

Intervención institucional

Abel Caballero - Alcalde de Vigo

Intervención institucional

Xose Vazquez

Xosé H. Vázquez - Catedrático de Organización de Empresas da Universidade de Vigo | Director Editorial do Vigo Global Summit 2025

Obxectivos do congreso

Dmitry Murátov - Premio Nobel da Paz 2021

Conferencia maxistral

“La geopolítica de la verdad: El nuevo campo de batalla del poder global”

Ponentes

Mamen Mendizábal - Xornalista

Dmitry Murátov - Premio Nobel da Paz 2021

Reflexións

Coffee Break - Hall Auditorio

José Manuel Durão Barroso - Expresidente da Comisión Europea

Conferencia maxistral

José Manuel Durão Barroso - Expresidente da Comisión Europea

David Regades -Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo

Conclusións de Xeoeconomía

Xose Vazquez

Xosé H. Vázquez - Catedrático de Organización de Empresas da Universidade de Vigo | Director Editorial do Vigo Global Summit 2025

O poder na era da interdependencia global fragmentada

ponentes

Alicia García-Herrero - Economista xefe para Asia-Pacífico en Natixis

Brian Wong - Profesor da Universidade de Hong Kong

Ángel Talavera - Economista Xefe para Europa en Oxford Economics

María Lorca-Susino - Profesora da Universidade de Miami

Mesa redonda de debate moderada por Xosé H. Vázquez

A crecente rivalidade entre potencias devolveu a economía ao centro da política mundial. Nun contexto de fragmentación e desconfianza, os fluxos financeiros, as cadeas de suministro e as tecnoloxías críticas utilízanse como ferramentas de poder e de seguridade nacional.

China e outras economías emerxentes impulsan un orde alternativo que cuestiona a lexitimidade do sistema liberal nacido tras 1945, mentres Europa e Estados Unidos redefinen as súas políticas industriais, enerxéticas e dixitais para non perder autonomía.

A mesa reunirá miradas económicas, políticas e sociais non só para explorar se estamos ante a creación dun novo orde global ou ante a reedición de vellas estratexias con medios distintos, senón tamén para reflexionar sobre cara onde pode evolucionar este taboleiro xeoeconómico nos próximos anos.

Ponentes

Carolina Marín - Olímpica e Premio Princesa de Asturias 2024

Miguel Ángel Oliver - Presidente Axencia EFE España

Reflexións inspiradoras

Emma Gómez - Directora Xeral APD España

Apertura institucional

Amparo Alonso Betanzos - Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial

Conferencia maxistral

“Máis aló do algoritmo: Intelixencia Artificial con propósito humano”

Antón Costas - Presidente do Consello Económico e Social de España

Amparo Alonso Betanzos -Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial

Conversión inspiradora

“Tecnoloxía, produtividade e cohesión: cara a un novo contrato social”

Coffee Break - Hall Auditorio

Emma Gómez - Directora Xeral APD España

Liderado na era da dixitalización: economía, traballo e sociedade en transformación

Ponentes

Inés Bermejo - Directora Xeral de Iberia HP

Javier Sesma - Vicepresidente Senior de Desenvolvemento de Negocio Global en TK Elevator.

Mesa Redonda de debate

A economía dixital deixou de ser unha promesa para converterse nunha realidade imparable que impacta en cada recuncho das nosas vidas: desde como traballamos e nos relacionamos, até como producimos, consumimos ou xeramos valor. Porén, este novo paradigma avanza máis rápido ca as normas chamadas a ordenalo e expón desafíos críticos para a sustentabilidade económica, a equidade e a cohesión social.

Esta mesa redonda reúne expertas e expertos internacionais en tecnoloxía, regulación e economía dixital para analizar unha gran pregunta: **estamos preparadas e preparados para gobernar unha economía rexida por algoritmos, datos e plataformas?** Desde o auxe do traballo por conta propia en plataformas dixitais, pasando pola automatización do emprego, até o debate sobre a privacidade dos datos e a irrupción da intelixencia artificial, esta sesión abordará o choque inevitable entre a innovación acelerada e uns marcos legais desbordados.

Daron Acemoğlu - Premio Nobel de Economía 2024

Conferencia maxistral

“O progreso nun punto de inflexión: Tecnoloxía, poder e os desafíos globais”

Mamen Mendizábal - Xornalista

Daron Acemoğlu - Premio Nobel de Economía 2024

Reflexións

Mamen Mendizábal - Xornalista

Peche do congreso

Apertura de portas Auditorio Mar de Vigo​

Carlos Blanco - Monologuista

Monólogo

Baiuca - Artista

Peche cultural

Vigo Taste Hall_Cultura

12 e 13 de novembro no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

Av. de Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

ALGUNAS MENCIONES DEL CONGRESO

Copyright © 2023 Vigo Global Summit 2025